BITÁCORA
21/3/2007
ESCRIBINDO NO VENTO

A ORALIDADE NAS AULAS
Durante este mes de marzo, a forza da palabra entra en forma de ondas nas aulas dos centros educativos. A narración oral, o poder da verba que encende, que engancha, que conmove, que esperta a fantasía e que é quen de meter medo; eses sons que nos aloumiñaron, eses ecos que resoan na nosa memoria andan a quentar os corazóns da mocedade.
Da man de Candido Pazó, Avelino González, Anxo Moure, Fátima Fernández e Celso Sanmartín os centros inscritos no Certame de Recolla da Tradición Oral están a desenvolver sesións didácticas sobre este patrimonio oral. Neste Caderno de Viaxe queremos pendurar todas as experiencias que teñades que contarnos, narradores/as, profesores/as e alumnos e alumnas. Agardamos as vosas “impresións” e tamén as vosas imaxes.
20/3/2007
Avelino González cóntanos...

A estrea miña foi en Rábade. Contei na biblioteca, onde había dúas sorpresas: un libro de contos breves de Luís Moure mariño editado por Caixa Galicia e que xa non se topa, e Marisena, unha profe moi atenta que xa ficera un traballo de recollida de tradición oral, moi, pero que moi interesante. Xa quedei con ela que cando o publicase eu mercaba a publicación.

No CEIP de Vilanova da Arousa eran mais pequenos e puidemos xogar con ditos de contar e descontar, con versos e estrear unha historia mariñeira. Orixinal dun mariñeiro chamado Rúa para unha das súas fillas, que ven escrita no libro "Os ausentes de Casteltón" de Jacobo Barros. Un conto contemporáneo que sen querelo actualiza e revitaliza o que se chama "tradición oral". Unha historia de perigo entre un anguiacho (ou congro)e unha lumbriganta. Alí estaba Pilar, a bedel, unha mina de historias e sucedidos da zona, das comidas, da pesca, dos jodechinchos. Hai que facela falar.

Hoxe estiven no Díaz Pardo de Culleredo. Coma nos anteriores, os espectadores fixeron sempre o final dos contos. O distintivo de hoxe foi que o segundo grupo era maiormente de mulleres co que a minoría masculina asumimos o feminino como denominación xenérica e tivemos un conto de amor que nos deixou a todas algo mais lixeiras.

ata mais ver...

15/3/2007
Celso Sanmartín por Verín

Celso Sanmartín "encantando" aos xoves do Val de Monterrei ! Enlace HTML:
14/3/2007
A forza da palabra

6/3/2007
Polo Val Miñor !

...onte estiven no Colexio da Cruz de Nigrán, fixemos tres sesións para todas as nenas e nenos; o trato dos mestres foi encantador e marabilloso, invitáronme a doces de Camos e café con leite. Atrapamos moitos contos e mesmo, nada máis rematar, varias profes puxéronse a traballar con todos os temas tratados, facer atrapadores, abrazar as arbores... unha das profes é da terra das Pozas de Outariz e o Muíño da Veiga no Minho ourensán e sabe historias de barqueiros que un día vaime enviar. Dentro do conto da curandeira de Sober que mandaba abrazar as árbores fálolle do voso traballo ( o de Ponte...nas ondas! ) a través da importancia de recuperar a diversidade medioambiental, pero tamén a da lingua e a cultura popular. Apretas Anxo Moure
 
Notas relacionadas
Oralidade nas aulas