Propostas de comunicación
Valoraranse especialmente aquelas comunicacións que teñan algunha relación coa actividade de Ponte...nas ondas! ao longo destes 15 anos. Experiencias de profesorado, escolas e institutos, alumnado, asociacións, representantes públicos, institucións, etc.
As propostas de comunicación enviaránse por correo electrónico á organización do Congreso ( This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it / This e-mail address is being protected from spambots. You need JavaScript enabled to view it ) antes do 1 de abril de 2010.
As comunicacións serán avaliadas polos membros do Comité Científico de cada ámbito do congreso e serán publicadas nesta Web.
Unha vez finalizado o Congreso, as comunicacións presentadas poderán ser incluídas na publicación especial sobre os "15 anos de Ponte...nas ondas! ".
Características e requisitos das comunicacións:
As comunicacións teñen que presentar o resume dun traballo ou experiencia que se axuste aos eixes temáticos do Congreso. A súa extensión será de entre 7.000 e 10.000 caracteres (con espacios).
Deberán incluír os seguintes apartados:
- Título
- Autor/es
- Obxectivos
- Desenvolvemento
- Conclusións
- Apartado gráfico ( imaxes )
Valoraranse especialmente os seguintes aspectos:
- A súa relación coa experiencia de Ponte...nas ondas!
- Coherencia do contido
- Presenza de elementos innovadores
O Comité Científico seleccionará as comunicacións elixidas para seren expostas no Congreso e proporá as que serán publicadas na Web. Así mesmo, seleccionará aquelas que se incluirán na publicación especial dos " 15 anos de Ponte...nas ondas! " .
COMUNICACIÓNS RECIBIDAS
- A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA NA ÁREA COMUNICATIVO LINGÚÍSTICA EN EDUCACIÓN INFANTIL.
Autora: Vázquez Regueira, Helga.
CEIP Gándara-Sofán (Carballo-A Coruña)
- A construção de Pontes (Tecno)Lógicas entre Gerações: uma experiência pedagógica
Daniela Gonçalves e Xosé Manuel Cid Fernández
Centro de Investigação de Paula Frassinetti / Universidade de Vigo
- Voando na Weblândia. Relato de experiência(s)
Emilia Miranda
E. B. 2,3 Dr. Carlos Pinto Ferreira
Paulo Moreira
Escola Secundária Alexandre Herculano
- Parque Natural das Fragas do Eume
- “O muiño das Ferreñas. Educación Ambiental e recuperación do noso Patrimonio Cultural.”
Autores: Equipo educativo de Alvarella Ecoturismo, S.L.
- O CONSERVATORIO NA RADIO.
Silvana Longueira Matos. Universidade de Santiago de Compostela. Juan Salvador López Outeiral. Conservatorio Profesional de Música de Culleredo.
- Procurando uma delimitação antropedagógica da educação na contemporaneidade
- Cristiana Sousa Pizarro Bravo Madureira (Doutora em Ciências da Educação, Docente no Instituto Piaget)
- Elisa do Rosário Fernandes Dias (Doutora em Pedagogia, Docente no Instituto Piaget )
- O lado oculto da escola: Un estudo cualitativo sobre historias de vida de profesoras
- Cristiana de Sousa Pizarro Bravo Madureira
Doutora em Educacion - Docente no Instituto Piaget
- História de Nossa Senhora da Pena (Santuário em Vila Real)
- Bruna Guedes ( Escola Secundária Morgado Mateus ) Vila Real
- Lenda recolhida em Trás-os Montes – Vila Real. Lenda de Tesouro de D. Pedro
- Christian Carvalho ( Escola Secundária Morgado Mateus ) Vila Real
COMUNICACIÓNS SELECCIONADAS PARA SEREN EXPOSTAS NO CONGRESO:
- A experiencia dos obradoiros de radio e o xermolo de Ponte...nas ondas!
- Raul Francés ( IES Pedras Rubias ) – Francisco Xabier González ( CPI Altamira ) Salceda de Caselas
- A descoberta do património comum galego-português desde a escola
- Olinda Sousa ( Escola Secundária ) – Esmeralda Alves ( Agrupamento Escolas ) Valença do Minho
- Pintando nas ondas : innovando desde Ponte...nas ondas!
- Dorinda Castro ( IES Pino Manso) - O Porriño









