Ponte...nas ondas!

Novas

Tres dias intensos

E-mail Print PDF
There is no translation available, please select a different language. Español 

Clausurouse en Melgaço o Congreso despoies de tres días intensos de actividades desenvolvidas no Museo do Verbum en Vigo e no Salón Nobre da Câmara Municipal de Melgaço. No domigo 25 de abril realizouse a presentación do proxecto literario-musical CORES DO ATLÂNTICO cunha conferencia de Ria Lemaire e as intervencións de Socorro Lira e Uxía. A xornada pechouse co concerto PONTES NO ATLÁNTICO , un acto promovido e financiado por Creativa Cultura (Industria Cultural. Galicia-Norte de Portugal), coas actuacións na Casa da Cultura de Melgaço de Uxía de Galiza, Socorro Lira de Brasil e Joao Afonso de Portugal, atoura e participantes no libro-disco Cores do Atlántico.
 

Campo Vidal abrirá o Congreso cunha conferencia sobre educación e comunicación

E-mail Print PDF
There is no translation available, please select a different language. Español  Português 

Manuel Campo VidalO   xornalista Manuel Campo Vidal, presidente da Academia das Artes e as Ciencias da Televisión de España abrirá o Congreso Internacional Pontes de Cultura, Pontes de Futuro – 15 anos de Ponte...nas ondas!, que terá lugar en Vigo e Melgaço,  cunha conferencia sobre a comunicación e a educación. Despois da apertura do Congreso, por parte de Carlos Lage, presidente da CCDRN-Comissao de Coordenação  da Região Norte- de Portugal, Alfonso Cabaleiro da Xunta de Galicia  e Xesús López do Concello de Vigo, a conferencia de Manuel Campo Vidal abordará o tema da importancia da comunicación na educación.

 

XVI Ponte...nas ondas! 16 de abril

E-mail Print PDF
There is no translation available, please select a different language. Português 

Presentación da XVI edición de PNO en PortoEste martes foron presentadas no Porto, na sede da DREN ( Direcção Regional de Educação do Norte), dúas actividades para commemorar os 15 anos de Ponte...nas ondas! Na rolda de prensa estiveron o Director Regional de Educação, o Vice-Presidente da Câmara Municipal de Melgaço, o Professor Álvaro Campelo e os Coordenadores de Ponte...nas ondas!

A xornada multimedia de comunicación interescolar emitirase o vindeiro 16 de abril a través de Internet, coa realización de UVIGO-TV a través da Web: www.pontenasondas.org

 

Xesus López expresa o apoio municipal ao proxecto "Ponte nas ondas", que se celebrará o 16 abril no Verbum

E-mail Print PDF
There is no translation available, please select a different language. Português 

XornalVigo.orgO concelleiro de Cultura, Xesus López, expresou este mércores o apoio do Concello de Vigo ao proxecto "Ponte nas ondas", que este ano celebran "quince anos tendendo pontes". A XVI edición celebrarase no museo Verbum o 16 de abril baixo o título "O tesouro dos avós", e os días 23 e 24 de abril o Verbum tamén acollerá a primeira parte do congreso de celebración dos quince anos de traballo a prol da recuperación do patrimonio inmaterial galego e portugués.

 

Presentación da XVI edición

E-mail Print PDF
NO TRANSLATION AVAILABLE

Presentadas en Vigo dúas actividades para commemorar os 15 anos de Ponte...nas ondas! Na rolda de prensa estiveron o Concelleiro de Cultura, o Director do Verbum e o Coordinador de Ponte...nas ondas!

A xornada multimedia de comunicación interescolar emitirase o vindeiro 16 de abril a través de Internet, coa realización de UVIGO-TV a través da Web: www.pontenasondas.org

 
premios2

logo patrimonio