Nesta sección móstrase o labor de recolla e recoñecemento das persoas portadoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ( PIGP ) realizado desde os centros educativos galegos e portugueses. Son unha mostra da transmisión dos saberes que estas "bibliotecas vivas" atesouran e que constitúen a manifestación máis actual da vitalidade e diversidade deste patrimonio. Ponte...nas ondas ! convida a todas as persoas e colectivos a achegar o seu contributo a esta BIBLIOTECA VIVA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS en forma de vídeo ou audio con mostras de persoas portadoras do noso patrimonio común. Na programación da XVII edición de Ponte...nas ondas! realizada o 1 de xuño de 2011 encontramos mostras destas BIBLIOTECAS VIVAS que terán neste espazo unha xanela aberta ao mundo. |