¿Quen non goza cunha boa sesión de historias á calor da lareira? En casa ou nunha taberna, é un plan perfecto para pasar as tardes de choiva. Iso é o que facían os nosos avós e o que onte organizou na Illa a inqueda bibliotecaria Ángela Otero, que ideou un maratón de contos polos bares do municipio como medida para promover a lectura e para que pais e fillos poidan compartir un momento especial. A iniciativa prometía, e así foi. O bar Museo, onde se celebrou a primeira sesión, encheuse de público disposto a escoitar a nenos e maiores contando as súas historias, e ata o tempo quixo acompañar e ofreceu unha tarde chuviosa como hai meses que non se recorda. Unhas horas perfectas para pasar á calor dos contos e a lareira.
A temática de onte eran as historias dos avós, e sobre iso falaron Tuca e Laura, que contaron A avoa do moño branco; Luky e Aldara, que se lanzaron á area coa casa dá miña avoa; e Sergio e Silvia, que narraron Que lle pasa a estas vellas Maruxa e Josefa. Todo iso presentado polas grandes azafatas Noelia e Yanira.
A divertida tarde deixou a moitos con ganas de máis. E haberá máis. O vindeiro venres será no bar Baláns; o día 27, no Campiño; e o 4, no Buda. ¡Bos contos!
Fío da nova en La Voz de Galicia








