There is no translation available, please select a different language.
Ponte...nas ondas! crea a primeira biblioteca viva do patrimonio inmaterial galego-portugués con achegas de libros vivos de Galicia, Portugal e Brasil. Incorpóranse a esta biblioteca libros vivos doutros países como Cuba, Arxentina, Colombia ou Chile. A XVII edición de Ponte...nas ondas! saírá ao ar a través de Internet desde a Web de Ponte....nas ondas! ( www.pontenasondas.org ) e co sinal de televisión de UVIGO-TV da Universidade de Vigo. A programación poderá ser seguida en directo ou visionada en formato de vídeo á carta. Unha programación que foi realizada e producida desde centros educativos galegos e portugueses pero tamén de Cuba ou Brasil, entre outros. Ponte...nas ondas! creará a partir desta XVII edición unha Biblioteca Viva permanente de persoas portadoras do patrimonio inmaterial galego-portugués. Desde o vindeiro 3 de xuño, calquera centro educativo, asociación, comunidade ou persoa particular poderá subir á BIBLIOTECA VIVA o seu libro vivo. Trátase de fomentar a figura dos libros-vivos facendo que as persoas poidan achegar as súas historias de vida, os seus saberes e as súas experiencias persoais compartíndoas a través das novas tecnoloxías da comunicación.