Ponte...nas ondas!

Presentación da XVI edición

Correo-e Imprimir PDF

Presentadas en Vigo dúas actividades para commemorar os 15 anos de Ponte...nas ondas! Na rolda de prensa estiveron o Concelleiro de Cultura, o Director do Verbum e o Coordinador de Ponte...nas ondas!

A xornada multimedia de comunicación interescolar emitirase o vindeiro 16 de abril a través de Internet, coa realización de UVIGO-TV a través da Web: www.pontenasondas.org

O tema para esta edición é O TESOURO DOS AVÓS. Convidamos ás escolas e institutos a que constrúan unha ponte de comunicación entre o alumnado e os seus avós. Queremos que descubran os saberes que atesouran e que o reflictan nun programa audiovisual ou radiofónico, valorando os seus coñecementos e fomentando as relacións entre diferentes xeracións. Os materiais poden subirse previamente á xornada na seguinte Web: http://pontenasondas.media.uvigo.es/index.ES.php

Máis de 70 centros educativos de Galicia, Portugal, Brasil, Chile, Colombia, Cuba e Arxentina ultiman xa a preparación dos programas que van ser emtidos na programación do día 16 de abril. Alumnos de infantil, primaria, secundaria e das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e Tras-Os-Montes e Alto Douro van participar na programación audiovisual de 24 horas de televisión e radio por Internet.

O día da emisión están previstas actividades e concursos a través da Web e do portal VIEIROS.com, nas que pode participar o alumnado.

O músico e compositor Pacho Álvarez elaborou unha colaboración musical para conmemorar os 15 anos de actividades de Ponte...nas ondas!

CONGRESO INTERNACIONAL PONTES DE CULTURA, PONTES DE FUTURO-15 ANOS DE PONTE...NAS ONDAS!

O Congreso vai reunir unha importante representación de figuras destacadas da comunicación e do patrimonio inmaterial galego-portugués que van reflexionar sobre a traxectoria de Ponte...nas ondas! nestes 15 anos e sobre a importancia do patrimonio cultural común para o futuro da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal.

Destacadas figuras da comunicación como Manuel Campo Vidal disertarán sobre a importancia da comunicación na educación; Antón Costa Rico contextualizará o papel de Ponte...nas ondas! na historia da educación; Sharon Roseman destacará o papel fundamental do patrimonio común galego-portugués para o futuro da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal, tema que será abordado por antropólogos galegos e portugueses. O mundo da radio e das TICs será abordado por profesionais de diferentes medios como Iñaki Peña de RNE-Radio 3. A presentación do traballo literario-discográfico Cores do Atlántico, promovido por Ponte...nas ondas! chegará da man da profesora holandesa da Universidade de Poitiers, Ria Lemaire e da artista brasileira Socorro Lira.

O congreso pecharase co Concerto "PONTES NO ATLÂNTICO" con Socorro Lira, Joao Afonso e Uxía, o 25 de abril na vila de Melgaço.

 

Ondas alén mar, a canción de Pancho Álvarez e María Solleiro para  Ponte...nas ondas!

{mp3 width="300"}Ondas_alen_mar{/mp3}
MP3 - Partitura

Concursos

concursos_xvi

logo patrimonio