Ponte...nas ondas!

VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa

Correo-e Imprimir PDF

Ponte a brincar
Descargar este adxunto (camiseta PNO.pdf)
Descargar este adxunto (Ficha recolla VII Certame.doc)
Descargar este adxunto (Ficha inscrición VII Certame.doc)
Descargar este adxunto (VII Certame Recolla Def.Gal..pdf)
Descargar este adxunto (VII Concurso Recolla DefPort.pdf)
Descargar este adxunto (Ficha inscriçao VII Concurso.doc)
Descargar este adxunto (Ficha recolha VII Certame.doc)
  • Anterior
  • 1 of 8
  • Seguinte

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa co lema "PONTE A BRINCAR. O PATRIMONIO LÚDICO"


No interese por descubrirlle ás novas xeracións a existencia dun rico e variado Patrimonio Cultural Común preséntase este Certame que ten unha dupla finalidade:

  • Que a existencia deste patrimonio común forme parte da vida escolar nas aulas da Eurorrexión.
  • Que o sistema educativo acometa decididamente a tarefa de rescatar esta tradición e poñela en valor nun proceso de transmisión deste patrimonio ás novas xeracións.

O xogo, entendido en sentido amplo como gozo do tempo de lecer, non remata nas idades infantís ás que máis doado nos resulta relacionar con estas actividades, senón que segue a mostrarse, en manifestacións acaídas, en todas as etapas da vida do ser humano.

A mocidade ten para o tempo de lecer un amplo repertorio de actividades de recreo e de xogos, mentres que nas idades adultas do ser humano a necesidade de xogo e brincadeira segue a aparecer e non remata ata que o fai a propia vida dos individuos. Os centros educativos son un espazo apropiado onde é doado transmitir os xogos tradicionais. O alumnado poderá ser o encargado de investigar, recolleitar e divulgar entre os seus compañeiros e compañeiras as prácticas dos xogos que se realizan nos períodos de lecer.

O Certame propón a recolla das formas de lecer tradicionais incluíndo todos os tipos de entretemento: xogos, regras e normas, xoguetes e a súa realización, adiviñas, cantigas, refráns…
Trátase de realizar unha gravación das expresións orais e das formas de lecer na voz das “persoas portadoras“ que practican as diferentes actividades lúdicas e de lecer. Pódese acompañar a recolla con ilustracións ou documentación gráfica que aporten achegas á gravación.

O xurado valorará o rigor e o interese das recollas realizadas así como os materiais que as acompañen.

Consultar as bases da convocatoria

Adxuntos:
Camiseta PNO[Camiseta PNO]173 Kb
Galego - Ficha de recolla VII Certame[Galego - Ficha de recolla VII Certame]1202 Kb
Galego - Ficha inscrición VII Certame[Galego - Ficha inscrición VII Certame]1201 Kb
Galego - Folleto VII Certame de Recolla[Galego - Folleto VII Certame de Recolla]2211 Kb
Portugués - Convocatoria VII Concurso de Recolha[Portugués - Convocatoria VII Concurso de Recolha]213 Kb
Portugués - Ficha inscriçao VII Concurso[Portugués - Ficha inscriçao VII Concurso]1201 Kb
Portugués - Ficha recolha VII Certame[Portugués - Ficha recolha VII Certame]1203 Kb
 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

  • Na rede

Ola: Ponte...nas ondas! tamén está nas redes sociais. Se queres, podes participar e seguirnos.
tuentifacebooktwittervimeoyoutubeflickr

 

logos15_anospremio ondas