Ponte...nas ondas!

Biblioteca viva do PIGP

 

bibliotecas vivas

Nesta sección móstrase o labor de recolla e recoñecemento das persoas portadoras do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ( PIGP ) realizado desde os centros educativos galegos e portugueses.

Son unha mostra da transmisión dos saberes que estas "bibliotecas vivas" atesouran e que constitúen a manifestación máis actual da vitalidade e diversidade deste patrimonio.

Ponte...nas ondas ! convida a todas as persoas e colectivos a achegar o seu contributo a esta BIBLIOTECA VIVA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS en forma de vídeo ou audio con mostras de persoas portadoras do noso patrimonio común.

Na programación da XVII edición de Ponte...nas ondas! realizada o 1 de xuño de 2011 encontramos mostras destas BIBLIOTECAS VIVAS que terán neste espazo unha xanela aberta ao mundo.



Ponte...nas ondas! tendendo novas pontes na comunicación intercultural.

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! achégouse ás fronteiras entre Polonia, Alemaña e a República Checa a través do proxecto "MEET YOUR BORDERS" (Coñece as túas fronteiras), un "training course" no que a aprendizaxe multicultural e a abolición de estereotipos foron as principais ferramentas para levar a cabo unha Biblioteca Viva.
Durante sete días un total de 24 participantes procedentes de distintos puntos de Europa (Estonia, Alemaña, Grecia, Eslovenia, Polonia, Portugal, República Checa, Lituania, Eslovaquia, Romanía e Galiza) reuníronse en Hadrek nad Nisou, un pobo fronteirizo da República Checa.

 

logo patrimonio