Ponte...nas ondas!

A evolución

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! experimentou unha gran evolución desde os seus comezos. Aos poucos foron introducíndose as novas tecnoloxías; Internet é hoxe en día un medio que permite que esta experiencia chegue a recunchos aos que hai uns anos era impensable. A emisión do sinal de televisión por Internet realizada por UVIGO-TV ( a televisión da Universidade de Vigo ) fixo que a experiencia teña xa un enfoque multimedia onde o audiovisual adquire xa todo o protagonismo. Isto permite que desde a Web haxa unha participación e un seguimento maior nos centros educativos para asistir á emisión en directo que pode ser contemplada como un programa audiovisual.

Durante o día da emisión recíbense mensaxes desde todo o mundo de persoas que están a seguir a emisión a través de Internet; tamén funciona o correo electrónico, o chat para conversar en directo durante a xornada e o foro para deixar mensaxes sobre os programas que se están a emitir.

Na VIII edición chegouse a  facer unha videoconferencia entre o estudio de radio escolar instalado na Casa da Cultura de Salvaterra de Miño, Maputo e Rio de Janeiro.

Pero ademais, chegouse a realizar a emisión en directo desde sete estudios de radio: seis profesionais (de emisoras municipais) e o escolar establecido na Casa da Cultura en Salvaterra de Miño.

Os medios de comunicación: radio, televisión e prensa escrita, teñen colaborado coa experiencia difundindo información sobre esta xornada. Outro gran paso foi a incorporación do alumnado da Universidade que fixo posible que a emisión pasase a durar 24 horas. Completouse así o ciclo educativo de Ponte...nas ondas!, que xa abarca desde os 3 anos ata a Universidade.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas