Ponte...nas ondas!

As colaboracións

Correo-e Imprimir PDF

concertinas
meninos_cantores_uxia_sr_carmen
radiotui3
  • Anterior
  • 1 of 3
  • Seguinte


Un ámbito  que incorpora a experiencia é o mundo da cultura, que da man dos propios alumnos se integra na programación. Artistas e escritores galegos, portugueses e brasileiros levan colaborado nas diferentes edicións da experiencia. Uxía, Joao Afonso, Doce Pontes, Filipa Pais, Milladoiro, Chico César, Daniela Mercury, Jose Saramago, Xosé Carlos Caneiro ou Federico Mayor Zaragoza son algúns nomes que pasaron pola programación de Ponte...nas ondas!

Os gaiteiros Treixadura e os Gaiteiros de Lisboa realizaron unha gravación conxunta dun tema tradicional común a Galicia e a Portugal, como actividade de apoio á Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Produciuse  un disco-libro-dvd con temas tradicionais galego-portugueses interpretados por alumnado de centros educativos galegos e portugueses e con artistas de ambos lados. O proxecto chamouse Meniños Cantores e tamén foi achegado á UNESCO como compromiso da transmisión do patrimonio inmaterial ás novas xeracións.

A participación de importantes xornalistas radiofónicos foi tamén un importante estimulo e reforzo para a experiencia. No ano 1998 e 1999 a xornalista Julia Otero realizaba conexións en directo coa xornada radiofónica e dábaa a coñecer ao resto do Estado. No ano 2000 era Iñaki Gabilondo o que establecía varias conexións desde o seu programa "Hoy por hoy". Tamén nese mesmo ano facía o mesmo Diamantino José desde a RDP-Antena 1 en Lisboa.

No ano 2001 foi Gemma Nierga desde Barcelona, quen con Manu Chao no estudio para saudar á audiencia de Ponte...nas ondas! facía a ponte co estudio de Salvaterra de Miño. Tamén ese mesmo ano, Iñaki Pena desde o seu programa Trébede de Radio 3 realizaba unha edición especial sobre a programación de Ponte...nas ondas! A Radio Galega  fixo emisións conxuntas e programas especiais en sucesivas edicións. Xurxo Souto realizou o seu programa "Aberto por reformas" en directo durante a programación de Ponte...nas ondas! desde o Museo Verbum de Vigo.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

  • Na rede

Ola: Ponte...nas ondas! tamén está nas redes sociais. Se queres, podes participar e seguirnos.
tuentifacebooktwittervimeoyoutubeflickr

 

logos15_anospremio ondas