Ponte...nas ondas!

As polafías chegan á Guarda

Correo-e Imprimir PDF
Polafía n'A Guarda

Será mañá venres, 16 de novembro, ás 20:00, no Centro Cultural da Guarda e con entrada libre.
A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical
O elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constitúeno os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolve a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.
Coa colaboración dos veciños e veciñas da Guarda e Portugal, da Asociación Cultural Ponte nas ondas e do Concello da Guarda, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega leva á vila da Guarda a súa vixésimo terceira edición das Polafías, un proxecto da súa Sección de Literatura de Tradición Oral, nesta ocasión co patrocinio da Consellaría de Cultura e Educación e co título De costa a costa: historias do mar que amamos

A palabra polafía é un neoloxismo referido ás reunións ou veladas de carácter festivo con contidos literarios e musicais, e ten como obxectivo primordial o de poñer en valor e rescatar do esquecemento o patrimonio oral, literario e musical. O termo polafía quere reunir no seu significado o mellor dos diferentes matices e acepcións de vellas palabras (polavilas, fías, fiadas, fiandóns, seráns,...) con semellantes contidos. A principal diferenza, en canto ao desenvolvemento, daquelas xuntanzas de antigo co desta nova proposta é que agora podemos, e debemos, axudarnos das novas tecnoloxías, desde os aparellos de gravación, que favorecen o arquivo e estudo do recompilado, ata o uso de novas tecnoloxías, caso de internet, que poden contribuír a unha ampla difusión deste patrimonio. O formato das polafías require a presenza dun mantedor, divulgador ou especialista que introducirá e comentará as principais características das pezas e xéneros literarios amosados, dun recitador de poesía anónima ou de autor de feitío popular; dun músico, que interpretará romances, coplas ou cantares de raiceiras tradicionais. Sen embargo, o elemento humano transcendental e imprescindible no desenvolvemento de cada polafía constituírano os homes e mulleres, narradores, cantadores, romanceadores...etc, veciñas e veciños de cada lugar onde se desenvolva a polafía, pois eles son os auténticos protagonistas, os que xenerosamente transmiten o seu saber.

O que sucede nas polafías é gravado e logo difundido a través da web da Sección de Literatura de Tradición Oral na web da AELG http://www.aelg.org/Polafias/MainPage.do

Haberá contos, cantos e historias da raia, coa participación:

  • Carmen Baz, redeira
  • Xurxo Chirro, Aproximacións modernas ao patrimonio
  • Xosé Lois Vilar, Talasonimia, os nomes do mar en Galicia e Portugal
  • Praxíteles González Martínez, Cavaqueiro do Rosal
  • José Benito Rodríguez González, "Tito Chirro" (mariñeiro)
  • Xerardo Santomé e Camilo, Treboada de Tomiño
  • Maria Aurora Botao Pereira, O nascimento da pesca en V.P. de Ancora e o contributo de A Guarda

A música poñerana Tino Baz e o Grupo de Pandereteiras Xamaraina, e o escritor Isidro Novo recitará rimas populares.
Presenta Jose Font, director de Radio Tui

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

  • Na rede

Ola: Ponte...nas ondas! tamén está nas redes sociais. Se queres, podes participar e seguirnos.
tuentifacebooktwittervimeoyoutubeflickr

 

logos15_anospremio ondas