Ponte...nas ondas!

O proceso

Correo-e Imprimir PDF

O funcionamento básico de Ponte...nas ondas! foi evolucionando en cada edición. O esquema de preparación mantense esencialmente por parte do profesorado. Todo arrinca co comezo do curso: o profesorado representante das escolas que van tomar parte na edición manteñen reunións para decidir o tema central que se proporá aos participantes e os primeiros pasos que hai que ir dando. Logo vén o traballo nos centros co alumnado: animalos a que participen na radio escolar ou na elaboración dun programa audiovisual.

En cada edición hai un tema xeral ao redor do que xira toda a programación. Sobre el trabállase nos centros participantes durante o curso.

No día da emisión é necesario ter establecida unha grella de programación moi clara na que aparezan os centros educativos na súa hora de emisión, o título do seu programa, horas nas que se esperan conexións en directo, etc. Hai que ter en conta que se realizaron xornadas de programación desde 7 estudios de radio situados a ambos lados da fronteira galego-portuguesa.

Paralelamente aos programas, e durante toda a xornada, establécense concursos e diferentes formas de participación con outros medios de comunicación.

Nas últimas edicións apostouse polos contidos audiovisuais e este formato combínase coas gravacións exclusivamente de audio. A posibilidade de escoitar e visualizar a programación á carta é outra das opcións desenvolvidas nas pasadas edicións grazas á colaboración de UVIGO-TV da Universidade de Vigo.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

 

logos15_anospremio ondas