Ponte...nas ondas!

Congreso: Pontes de cultura, ponte de futuro

Correo-e Imprimir PDF

Cartaz do congreso Internacional

O Congreso Internacional " PONTES DE CULTURA, PONTES DE FUTURO " sobre os 15 anos de Ponte...nas ondas!preséntase como un evento de reflexión e debate sobre a iniciativa de comunicación que nacía nas beiras do Miño no ano 1995 coa denominación de Ponte...nas ondas!

Desde entón, as actividades impulsadas pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! foron ampliando o seu radio de difusión e tamén foron diversificando os seus ámbitos de actuación. Así, desde uns comezos centrados na actividade radiofónica interescolar abórdanse sucesivamente proxectos de ámbito cultural e internacionais ao amparo de institucións como a UNESCO. Neste sentido merece destacar o labor realizado como promotores da Candidatura Multinacional do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués, que contou cos apoios da Xunta de Galicia e dos gobernos de Portugal e España.

Outros foron tamén os ámbitos onde se realizaron importantes actividades a partir da experiencia de traballo cos xoves, sendo especialmente significativas as iniciativas coas novas tecnoloxías, o traballo de transmisión do patrimonio inmaterial ás novas xeracións e os intercambios internacionais.

Para avaliar este etapa de actuacións desenvolvidas, fundamentalmente na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a Asociación Ponte...nas ondas! organiza este Congreso do que se agarda que xurdan novas liñas de actividades e propostas achegadas por todos os participantes.

A educación, a innovación, o património cultural galego-portugués, a cultura e as tecnoloxías da información e da comunicación son os ámbitos de traballo deste congreso.

 

 

Suite Na Ponte

logo patrimonio