Ponte...nas ondas!

Recoñecemento

Correo-e Imprimir PDF

rolda de prensa

 

No 2004, a Asociación Cultural e Pedagóxica PONTE...NAS ONDAS! foi convidada a participar no Foro do Partenariado para a Diversidade que se celebrou na cidade alemá de Flensburg convocado polo EBLUL ( European Bureau for Lesser Used Languages ) para presentar a experiencia de comunicación. O interese  deste organismo debíase a que a experiencia de Ponte...nas ondas! se desenvolve entre linguas próximas e transfronteirizas.

O EBLUL (European Bureau for Lesser Used Languages) é unha ONG independente que ten como obxectivo principal a defensa das linguas e culturas minoritarias na Unión Europea e ten carácter consultivo tanto no Consello de Europa como na UNESCO.

Aprobouse unha resolución - por unanimidade- por parte da Asemblea Xeral do EBLUL na que se recoñeceu o labor de  Ponte...nas ondas!
* Por ser unha experiencia que contribúe á promoción dunha lingua minoritaria, axuda á recuperación da cultura, as tradicións e a lingua galega e favorece a cooperación transfronteiriza.
* Por desenvolver valores de respecto mútuo entre xoves de dous territorios veciños;
* Por ser un exemplo de boas prácticas en materia de cooperación e promoción da diversidade lingüística
* Por implicar a nenos e nenas dentro dun contexto educativo e promover o uso das novas tecnoloxías entre eles.

Por todo isto a Asemblea Xeral do EBLUL decidiu animar a outras institucións gobernamentais e non gobernamentais a apoiar e patrocinar esta experiencia.

En 2005 a Xunta de Galicia outorga a Ponte...nas ondas! o PREMIO GALICIA DE COMUNICACIÓN ao "mellor labor en medios informativos"

Tamén no mesmo ano 2005 a Asociación de Escritores en Lingua Galega recoñecen o labor de Ponte...nas ondas! co premio "BOS E XENEROSOS" .

 

logo patrimonio