Ponte...nas ondas!

Brasil

Ponte...no Brasil

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! continúa realizando acordos de colaboración con diferentes entidades e institucións brasileiras. Desde a primeira participación do Colégio Pedro II do Rio de Janeiro no ano 2001 o Brasil é un dos países prioritarios para realizar as nosas actividades. Lembramos que en 2004 con motivo do X aniversario de Ponte...nas ondas! a Orquestra Gente que encanta do Instituto Beradéro de Paraíba visitou Galiza e Norte de Portugal e realizou varias actividades, continuando os intercambios que xa realizaran representantes do Colégio Pedro II.

Tamén queremos agradecer a colaboración desinteresada que artistas do Brasil veñen realizando coa experiencia de Ponte...nas ondas! Estes son algúns nomes: Chico César, Caetano Veloso, Daniela Mercury, Socorro Lira, Margareth Menezes, Luanda Cozzeti ( Couple Coffee ), Lenine ...

 

O COLÉGIO PEDRO II DE RIO DE JANEIRO


Ponte...nas ondas! vén de asinar un convenio de colaboración co Colégio Pedro II do Rio de Janeiro.Un convenio que abre novas posibilidades de diálogo e coñecemento con este centro educativo que é un referente na educación pública brasileira. Aqueles centros educativos galegos e portugueses ( e tamén de outros países ) que desexen realizar actividades de intercambio con grupos de alunos ou profesores do Colégio Pedro II poden entrar en contacto con Ponte...nas ondas! para facilitar a actividade.

 

1 Patrimonio para o futuro


     novo logo patrimonio
   
 

  • Na rede

Ola: Ponte...nas ondas! tamén está nas redes sociais. Se queres, podes participar e seguirnos.
tuentifacebooktwittervimeoyoutubeflickr

 

logos15_anospremio ondas