Ponte...nas ondas! achégouse ás fronteiras entre Polonia, Alemaña e a República Checa a través do proxecto "MEET YOUR BORDERS" (Coñece as túas fronteiras), un "training course" no que a aprendizaxe multicultural e a abolición de estereotipos foron as principais ferramentas para levar a cabo unha Biblioteca Viva.
Durante sete días un total de 24 participantes procedentes de distintos puntos de Europa (Estonia, Alemaña, Grecia, Eslovenia, Polonia, Portugal, República Checa, Lituania, Eslovaquia, Romanía e Galiza) reuníronse en Hadrek nad Nisou, un pobo fronteirizo da República Checa.









