A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! co apoio da Câmara Municipal de Melgaço convocan o 5º Encontro Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses que se celebrará o 24 de maio.
O xornada de xogos tradicionais permite que alumnado de centros educativos galegos e portugueses convivan nun tempo de lecer e de xogo que permite recrear situacións e vivencias nas que eles mesmos son os protagonistas. Os mesmo xogos son interpretados e explicados coa terminoloxía galega e portuguesa, común na maior parte dos casos e diversa en función das diferentes variedades xeográficas.







O día 11 do mes de novembro en moitas escolas da Galiza e do norte de Portugal, seguindo a convocatoria da nosa asociación en colaboración con Brinquedia, levouse a cabo o Día do Peón.
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas! celebrou a 4ª Xornada Escolar de Xogos Tradicionais Galego-Portugueses.
