A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas! en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa co lema "PONTE A BRINCAR. O PATRIMONIO LÚDICO"
|
O Certame de Recolla da Tradición Oral Galego-Portuguesa é unha convocatoria dirixida aos centros educativos da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal que pretende dar continuidade ao labor desenvolvido no ámbito do ensino co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués despois da presentación á UNESCO da Candidatura das Tradicións Orais Galego-Portuguesas. Trátase de contribuír á dinamización, promoción e transmisión daquelas expresións aínda vivas da tradición oral galego-portuguesa mediante traballos de recolla realizados polo alumnado na súa contorna. A finalidade do certame é que o alumnado de primaria, secundaria e da Universidade dos centros educativos se acheguen a aquelas manifestacións culturais inmateriais que están no seu entorno máis inmediato. |
|
VII Certame de Recolla da Tradición Oral Galego Portuguesa
|
|
|
|
| Páxina 1 de 2 |