Ponte...nas ondas!

Tesouros vivos do PIGP

OS TESOUROS HUMANOS VIVOS DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS.

Segundo a UNESCO, os Tesouros Humanos Vivos son indivíduos que posúen en elevado grao as habilidades e técnicas necesarias para crear ou producir determinados elementos do patrimonio cultural inmaterial.

Os Tesouros Vivos son as testemuñas máis sobranceiras das tradicións culturais vivas e tamén do talento creativo de grupos, comunidades e indivíduos presentes no territorio.

O Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués posúe abondantes exemplos espallados por todo o territorio. Ponte...nas ondas! vén recoñecendo e identificando a estas persoas e grupos de portadores que avalaron a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO no ano 2004.

No ano 2009 Ponte...nas ondas! dedicoulle a XV edición da xornada de comunicación interescolar a O PATRIMONIO DOS TESOUROS VIVOS. Os centros educativos de Galícia e Portugal desenvolveron unha programación onde se identificaron e recolleron mostra destes Tesouros Vivos.

Ponte...nas ondas! está a solicitar das administracións o recoñecemento dos Tesouros Vivos como testemuñas culturais vivas e integrantes do patrimonio cultural galego-portugués. Demandamos a creación do Sistema dos Tesouros Vivos da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Pedimos tamén á sociedade galega e portuguesa que identifique a estes TESOUROS VIVOS e que nos envíen á nosa Asociación unha ficha e o material documental acreditativo dos seus saberes e coñecementos.



logo patrimonio