[28/4/2008]
O DIRECTOR-GERAL DA UNESCO CONFIRMA A NOVA OPORTUNIDADE DA CANDIDATURA DO PATRIMÓNIO IMATERIAL GALEGO-PORTUGUÊS PROMOVIDA POR PONTE...NAS ONDAS!
PONTE
O DIRECTOR
XERAL DA UNESCO CONFIRMA A NOVA OPORTUNIDADE DA CANDIDATURA DO
PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS PROMOVIDA POR
PONTE...NAS ONDAS!
Solicitan
unha entrevista urxente co Presidente da Xunta de Galicia
Tal como
informabamos nunha nota de prensa remitida o pasado 17 de abril,
desde que no mes de setembro de 2008 a
Unesco, en reunión celebrada en Tokio, decidiu abrir o
proceso para a inscrición na Lista
Representativa do Patrimonio Inmaterial,
segundo o novo procedemento establecido pola Convención para a
Salvagarda do Patrimonio Inmaterial, a Asociación Ponte...nas
ondas! transmitiu aos respectivos gobernos de España e
Portugal, así como á Xunta de Galicia, a nova
oportunidade que se abría para inscribir a Candidatura das
Tradicións Orais Galego-Portuguesas na futura Lista Indicativa
que se proclamará en setembro de 2009.
Desde entón,
Ponte...nas ondas! mantivo os traballos de reformulación do
dossier da Candidatura
do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués (
conforme ás suxestións feitas no seu momento pola
propia Unesco ) con un grupo de especialistas de universidades
galegas e portuguesas.
Esta reformulación
foi xa remitida ao Ministério de Cultura de Portugal para
sometela á súa aprobación para que a proposta
sexa remitida a División de Patrimonio Inmaterial antes do 30
de agosto deste ano e poida optar ás inscricións na
Lista Representativa do Patrimonio Inmaterial que a Unesco fará
pública en setembro de 2009.
A entrevista
mantida entre o Director Xeral da Unesco e o presidente da Xunta de
Galicia en París confirma o que desde Ponte...nas ondas! se
vén manifestando: existe unha nova oportunidade para a
Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. As
palabras de Kochiro Maatsura confirman a avalización que a
Unesco fixo da Candidatura en 2005 no sentido de recoñecer un
patrimonio dunha grande riqueza e diversidade, aspecto destacado na
candidatura galego-portuguesa. De aí que no informe remitido a
ambos estados se recomendase a súa nova presentación,
definindo e concretando nunhas cantas mostras este patrimonio común.
O interese mostrado
polo Director da Unesco polo patrimonio
inmaterial galego-portugués e a solicitude para que Galicia
presente propostas abre as posibilidades de inscribir en 2009 o
patrimonio común galego-portugués na primeira Lista
Representativa do Patrimonio Inmaterial mundial.
Desde Ponte...nas
ondas! valoramos o compromiso do presidente da Xunta coa Candidatura
do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ( explicitado no
Parlamento Galego con anterioridade ) no sentido de aproveitar o
traballo realizado pola nosa asociación, que xa está en
mans do Ministério de Cultura de Portugal, para que Galicia e
Portugal poidan ter a primeira inscrición no 2009.
Para abordar o
procedemento de presentación da proposta en París,
Ponte...nas
ondas! solicita unha entrevista urxente co Sr. Presidente para darlle
conta do estado dos traballos e coordinar a presentación da
Candidatura cos gobernos de España e Portugal. Igualemente
agardamos unha entrevista co novo Ministro de Cultura de Portugal
para abordar todas as xestións necesarias.que leven a bo porto
esta empresa nos prazos marcados pola UNESCO.
[8/2/2008]
PONTE...NAS ONDAS ! PARTICIPA NO ENCONTRO DE ASOCIACIÓNS GALEGO-PORTIGUESAS EN VILANOVA DE FAMALICAO-BRAGA
Ponte...nas ondas! divulgará a través dun stand na mostra de asociacións galego-portuguesas as actividades que desenvolve destinadas aos xoves da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Proxectarase o videclip “Ponte...nas pontes” e solicitarán das asociacións galegas e portuguesas o apoio ao novo proceso da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.
Ademais, farase pública a convocatoria da XIV edición da xornada de radio interescolar que se vai celebrar o 6 de xuño baixo o lema “Identidade e territorio”. Por primeira vez, as asociacións xuvenís poderán participar en Ponte...nas ondas! sen necesidade de facelo a través dos centros educativos.
O encontro de asociacións está convocado pola Dirección Xeral de Xuventude e realízase os días 8, 9 e 10 de febreiro na localidade de Vilanova de Famalicao en Braga.
O desenvolvemento do Encontro prevé a o traballo en grupos e a mostra das asociacións (mostra estática, tipo “stand” e a mostra viva ).
A mostra das asociacións permitirá ver quen é cada asociación e qué actividades realiza, e o traballo en grupos vai ser fundamental para, mediante as achegas dos asistentes afondar nos obxectivos esenciais do encontro: o achegamento cultural entre Galiza e Portugal e a participación social da mocidade.
Nos grupos trataranse de xeito directo temas como o achegamento cultural entre Galicia e Portugal, a participación social da mocidade ou asentamento das bases de futuras colaboracións.
Preténdese nesta mostra favorecer o encontro entre os mozos e mozas organizados de ambos lados da raia, de xeito que se podan intercambiar ideas, proxectos e actividades e ademais tecer novas redes que no futuro podan ter como froito actividades de carácter transfronteirizo.
Haberá momentos para a reflexión e o traballo conxunto e tamén o espazo necesario para que cada asociación poda expoñer as súa actividades e proxectos.
[18/1/2008]
II Certame de recolla da Tradición Oral
II Certame de recolla da Tradición Oral Ponte… nas Ondas! convoca o II certame de ‘Recolla da Tradición Oral’ A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas Ondas! coa colaboración da Consellería de Cultura e Deporte, a Delegaçao Regional de Cultura do Norte de Portugal (DRCN) e a Direcçao Regional do Norte (DERN) convocan o II Certame de Recolla de Mostras da Tradición Oral. A Asociación Ponte… Nas Ondas! vén traballando arreo no coñecemento e difusión do patrimonio entre o alumnado das escolas galegas e portuguesas. A finalidade deste certame segue a ser o achegamento das novas xeracións á cultura tradicional para evitar romper a cadea de transmisión dos saberes que a compoñen. Segundo esta asociación as xeracións que son, por idade, depositarias destes saberes teñen a obriga de transmitir este patrimonio cultural ás novas xeracións. O certame pretende que os centros de ensino continuen co labor desenvolvido co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués e contribúan á dinamización, promoción e transmisión daquelas expresións aínda vivas da tradición oral galego-portuguesa.
A finalidade do certame é que o alumnado de infantil, primaria, secundaria, ciclos formativos e da Universidade, dos centros eductivos de Galiza e Norte de Portugal, se acheguen a aquelas manifestacións culturais inmateriais que están no seu entorno máis inmediato. Temas Calquera das expresións ou formas da tradición oral tanto en prosa (mitos, lendas, contos, relatos orais, trabalinguas, adiviñas… ) como en verso (romances, historias, cantares de cegos, coplas, oracións, recitados, refráns… etc). Tamén aquelas mostras que relaten acontecementos relacionados coa historia, as relacións sociais e políticas vividas en Galiza e no norte de Portugal, como a represión, as ditaduras ou o contrabando na fronteira. Valorarase a autenticidade e a orixinalidade da recolla, así como a relevancia que teña para a comunidade de portadores. Tamén se premiarán as recollas colectivas de expresións populares que impliquen a un grupo de informantes ou portadores. Primaránse aqueles traballos que presenten mostras representativas do patrimonio común galego-portugués. Categorías Poderán participar alumnado a título individual ou grupos de alumnado de primaria, secundaria e Universidade a través dos seus centros, con traballos de recollida de mostras da tradición oral. Cada centro educativo poderá participar cun número ilimitado de traballos. Establécense cinco categorías: Ensino primario; ensino secundario obrigatorio; bacharelato; ciclos formativos e Universidade. Presentación dos traballos A recolla poderá realizarse en audio ou en vídeo e deberá ser presentada en formato dixital en calquera sistema de audio ou vídeo.
Cada peza ou parte do traballo deberá levan adxunto a Ficha para a recollida de tradición oral que se acompaña coa convocatoria, e debe incluír obrigatoriamente a transcrición correspondente, xunto co material gráfico que se desexe achegar. Premios Para todas as categorías o primeiro premio será de 1.000 euros e para o segundo de 500 euros. Aos centros participantes que envíen traballos ofreceráselles unha sesión didáctica sobre a literatura oral (charla dun especialista, narrador oral, regueifeiro, música, etc). No mes de febreiro a todos os centros inscritos ofreceráselle unha sesión formativa destinada ao profesorado implicado. Xurado O Xurado estará composto por representantes das entidades convocantes así como por membros destacados da comunidade científica con coñecementos acreditados no campo obxecto do Certame. Prazos de inscrición Os centros eductivos interesados en inscribirse deberán enviar un correo a info@opatrimonio.org antes do 31 de xaneiro de 2008. O prazo de presentación dos traballos remata o 1 de maio de 2008 debendo seren enviados ao enderezo seguinte:A.C.P Ponte… Nas Ondas! Rúa Rosalía de Castro 67, CP 36450, Salvaterra de Miño, Pontevedra. O fallo darase a coñecer no mes de setembro de 2008 a través da web www.opatrimonio.org e dos medios de comunicación, así como a súa comunicación directa ao Centro. A Asociación convocante difundirá os traballos premiados a través da páxina www.opatrimonio.org e poderá utilizar os materiais presentados co consentimento dos autores e citando a procedencia.
Bases da convocatoria: www.opatrimonio.org
[12/12/2007]
APOIO DO CONGRESO Á CANDIDATURA
O CONGRESO RECOÑECE O LABOR
DE PONTE...NAS ONDAS !
APOIO Á NOVA PRESENTACIÓN DA CANDIDATURA DE PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÉS Á UNESCO
O Congreso dos Deputados do Parlamento Español deu hoxe por unanimidade o apoio á presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego Portugués “As tradicións Orais”, no ano 2008 para que sexa inscrito este patrimonio na Lista Indicativa que a Unesco fará pública en setembro de 2009.
A proposta de resolución, aprobada por unanimidade, insta ao Goberno Español e a Xunta de Galicia xunto ao Goberno de Portugal a inscribir na futura Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade as Tradicións Orais Galego Portuguesas.
Ademais, o texto da resolución fai unha referencia explícita ao amplo movemento social galego-portugués que apoia esta Candidatura e especialmente ao labor de Ponte...nas Ondas! como asociación impulsora e promotora.
Con esta resolución, o Congreso dos Deputados apoia así a reivindicación protagonizada polos xoves dos centros educativos o pasado 27 de novembro e as cadeas humanas realizadas por máis de 2000 mozos e mozas sobre as pontes internacionais do rio Miño.
Desde Ponte...nas Ondas! entendemos que esta resolución abre as portas á presentación da Candidatura en 2008 e asume a recomendación remitida pola propia Unesco aos Estados, español e portugués, onde se pedía que se voltase a presentar esta Candidatura.
Ponte...nas Ondas! quere facer de novo un chamamento a todas as asociacións, colectivos, entidades e institucións galegas e portuguesas, para que lle dean visíbilidade novamente ao apoio a esta Candidatura, mediante o compromiso de ser entidades promotoras, empregando o logotipo da Candidatura e enviando o documento da adhesión a través da Web: www.opatrimonio.org
TEXTO DA RESOLUCIÓN APROBADA: "El Congreso de los Diputados insta al Gobierno a presentar conjuntamente con Portugal, y de acuerdo con la Xunta de Galicia, las Tradiciones Orales Gallego-Portuguesas como candidata a Patrimonio Inmaterial de la UNESCO, realizando todas las gestiones necesarias a este respecto, incluído el acuerdo del Consejo de Patrimonio Histórico, si se considerase necesario, y en particular las valoraciones formuladas en su informe por la UNESCO, en el plazo previsto para 2008, contando con la colaboración del amplío movimiento social gallego-portugués, en especial Ponte... nas Ondas!, que lo impulsa y promueve."
[16/11/2007]
PONTE...NAS PONTES!
Enchemos as pontes de patrimonio para o futuro ! PONTE...NAS PONTES !
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, promotora da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués á UNESCO reactivará o próximo día 23 de novembro as accións encañidas a demandar dos gobernos portugués e español a solicitude de presentación novamente da Candidatura.
Hai precisamente dous anos, en novembro de 2005, esta Candidatura estaba en París competindo por ser unha das proclamacións das Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial. Lamentabelmente non foi posíbel naquela ocasión. Foron moitas as voces que sinalaron que o esforzo realizado xa valera a pena xa que a conciencia creada arredor deste patrimonio común xa quedaría como un importante logro.
Desde hai poucos días, deuse a coñecer que a UNESCO abriu o prazo para a presentación de propostas por parte dos Estados de candidaturas de patrimonio inmaterial que serán inscritas na Lista Indicativa que se fará pública no ano 2009.
Como queira que foi precisamente o 25 de novembro de 2005 a data na que a Candidatura non acadou a proclamación, desde Ponte...nas ondas! pensamos que é oportuno chamar a atención sobre os gobernos para que propoñan á UNESCO a inscrición do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués na nova Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial da Humanidade.
Para iso, e dado que a Candidatura foi a primeira en ser promovida desde centros educativos de dous países, queremos dar a coñecer a iniciativa que os centros educativos das dúas beiras do Miño van realizar o día 23 de novembro, para darlle visibilidade a esta petición, e solicitar dos gobernos que atendan a recomendación que a UNESCO lles fixo a ambos Estados, suxeríndolle que voltasen a presentar esta Candidatura.
MÁIS DE DOUS MIL ALUMNOS TOMARÁN AS PONTES ENTRE GALIZA E PORTUGAL O DÍA 23 DE NOVEMBRO : 1 PATRIMONIO PARA O FUTURO !
A actividade vai consistir en realizar unha cadea humana o 23 de novembro, co alumnado dos Centros Educativos próximos, nas catro pontes sobre o Miño. Durante a concentracción na que se unirán ambos territorios cos xoves asistentes, cantarán e farán unha coreografía co tema central de Meniños Cantores “Máis Perto”, videoclip gravado por máis de 500 xoves na ponte de Tui-Valença. No final do acto, en cada ponte realizarase unha solta conxunta dos globos que portarán cada un dos asistentes.
O horario secuenciado de cada acto facilitará a toma das imaxes en cada unha das pontes. Este é o horario previsto ( HORA GALEGA ):
PONTE CERVEIRA-GOIÁN- 11,30 hs.
PONTE TUI-VALENÇA- 12 hs.
PONTE SALVATERRA-MONÇAO- 12,30 hs.
PONTE ARBO-MELGAÇO- 13.00 hs.
Do mesmo xeito, os centros educativos da Eurorrexión están convocados a realizar accións simbólicas ese mesmo día. Coas imaxes recibidas realizarase unha galería de fotos na Web:www.opatrimonio.org
E-mail: info@opatrimonio.org
[2/11/2007]
3ª edición do Día do Peón
A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!, en colaboración con Brinquedia, convoca aos centros de ensino a participar na 3ª edición do Día do Peón.
Tamén coñecido como trompo, buxaina, pión, trompa, sevillana… este xogo tradicional está a ser recuperado para o lecer das novas xeracións.
O grande suceso acadado nas pasadas edicións, chegando aos máis de 4 milleiros de participantes o ano pasado, impulsados nomeadamente por distintos centros de ensino de todo o país, fainos reflexionar sobre as potencialidades deste pequeno brinquedo, que cun rico contido oral apegado á nosa cultura proxéctanos dentro do ludismo universal.
Dada a coincidencia na data coa MOSTRA DO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO-PORTUGUÊS que se vai celebrar en Pontevedra do 7 ao 11 de novembro, queremos convocar aos centros que desexen a participar nunha grande festa de lanzamento de peóns que terá lugar o venres día 9 entre as 10 e as 14 horas na Praza da Ferrería de Pontevedra. Haberá agasallos de peóns e tamén a oportunidade de visitar a Mostra e o diversos obradoiros.
Como queira que se vai centralizar a atención dos medios de comunicación neste acto, pedímosvos que o alumnado asistente leve os seu propios peóns, de todas as fasquías e formas, mesmo “pezas singulares”.
Co fin de ter unha previsión de asistentes, pregámosvos que confirmedes a asistencia e o número de participantes nos seguintes teléfonos: Xerardo 635 499900- Lois 661418074
O programa Trébede de Radio 3 de RNE adicaralle o día 31 de maio un
especial á XIII edición de Ponte...nas ondas! entre as 20 hs. e as 21
hs.
O programa que se realiza en directo desde Madrid, terá como convidados
a profesores, alumnos, regueifeiros, músicos e portadores do patrimonio
inmaterial galego-portugués.
Entre os convidados estarán os regueifeiros galegos Luis Caruncho Benito
Lobarinhas que demostrarán en directo a vitalidade da regueifa. Alumnos
participantes en Ponte...nas ondas! relatarán as súas experiencias na
xornada radiofónica. O gaiteiro Xurxo Antúnez, membro do grupo Os Terribles
de Donas de Gondomar interpretará varias composicións deste grupo emblemático
do Val Miñor. A Sra. Carme do grupo Malvela, que vén de publicar o seu
novo disco "Da miña xanela á túa", tamén transmitirá varias manifestacións
da literatura oral como son as cantigas populares.
Ademais, darase un adianto das actividades que Ponte...nas ondas! realizará
o día 1 de xuño. Entre as actividades máis destacadas desta XIII edición está o Festival
radiofónico que levará a tradición á Universidade.
[23/5/2007]
VIDEO Iº ENCONTRO INTERNACIONAL DE RADIOS EDUCATIVAS 2006 CHILE