QUE É PONTE...NAS ONDAS?

 CANDO NACE?

 EN QUE CONSISTE?

 QUEN PODE PARTICIPAR?

 QUE ESCOLAS TEÑEN PARTICIPADO?

 PARTICIPA A UNIVERSIDADE?

 COMO SE ELABORAN OS PROGRAMAS?

 QUE PRETENDE PONTE...NAS ONDAS?

 COLABORACIÓNS

 CONEXIÓNS EN DIRECTO

 ENTREVISTAS E COLABORACIÓNS

 ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO

 OUTRAS ACTIVIDADES

 EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DA X EDICIÓN DE PONTE ...NAS ONDAS

 PRESENTACIÓN EN PARÍS DA CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL A UNESCO

 VISITA DA ORQUESTRA GENTE QUE ENCANTA FORMADA POR ALUMNOS DO INSTITUTO BERADERO DE PARAIBA (BRASIL)

 
 
 
 QUE É PONTE...NAS ONDAS?
Unha xornada de radio elaborada polos alumnos e alumnas de máis de corenta escolas de Galiza e Norte de Portugal.
 
 CANDO NACE?
No ano 1995 coincidindo coa inauguración da Ponte Internacional entre Salvaterra de Miño (Galiza) e Monçao (Portugal).
 
 EN QUE CONSISTE?
Os alumnos e alumnas participantes coordenados polos profesores/as colaboradores elaboran ao longo do curso escolar candanseus programas que serán emitidos en directo desde varios estudios durante toda unha xornada de radio.
 
 QUEN PODE PARTICIPAR?
Calaquera escola IES ou Universidade que o desexe pode poñerse en contracto con Ponte...nas ondas nesta web para solicitar a súa colaboración e participación.
 
 QUE ESCOLAS TEÑEN PARTICIPADO?
Máis de medio cento de escolas e IES de Galiza e Portugal teñen participado durante as pasadas edicións de Ponte...nas Ondas.
A través de Internet e video-conferencias participaron escolas de Francia, Holanda, Finlandia, Brasil, Arxentina, África...
 Ver centros participantes
 
 PARTICIPA A UNIVERSIDADE?
Desde o ano 2003 uniuse a este proxecto a Universidade que elabora programas para o horario nocturno ampliando así o horario da xornada de radio que pasou de 12 a 24 horas de programación.
A Universidade de Vigo e o Campus de Ourense e Pontevedra teñen participado tamén na infraestructura necesaria para a emisión dos programas.
 
 COMO SE ELABORAN OS PROGRAMAS?
Ao longo do curso escolar os alumnos de cada Centro de ensino elaboran o seu programa de radio que logo realizan en directo o día da emisión desde calquera dos estudios de radio . Desde hai varios anos os programas están relacionados coa presentación á UNESCO da candidatura do Patrimonio Inmaterial galego-portugués. Por ese motivo, o alumnado elabora traballos nos que recupera, estudia e clasifica o noso Patrimonio Inmaterial.
 
 QUE PRETENDE PONTE...NAS ONDAS?
Pretende ser unha ponte de comunicación internacional entres os profesionais e adolescentes das dúas beiras do Miño e doutras fronteiras. Ademais, preténdese a sensibilización e concienciación do alumnado no respeto aos valores de solidariedade, participación, comunicación e conservación dos noso Patrimonio.
 
 COLABORACIÓNS
Emisoras de radio de Galiza e Portugal, Cámaras Municipais, Concellos, Compañías telefónicas, empresas privadas, editoriais, Televisións e Radio Galega, Xunta de Galicia, Deputación Provincial de Pontevedra...
 
 CONEXIÓNS EN DIRECTO
A Televisión e Radio Galegas teñen retransmido en directo algúns dos programas realizados polos alumnos. Ademais, varios xornalistas de recoñecido prestixio no mundo audiovisual teñen conectado en directo a través dos seus programas:

- Julia Otero en La radio de Julia de Onda Cero Radio
- Iñaki Gabilondo en Hoy por Hoy, Cadena Ser
- Diamantino José en Tardes da Telefonía de RTP 1
- Gemma Nierga en La Ventana, Cadena Ser

 
 ENTREVISTAS E COLABORACIÓNS
Varios personases do eido da música, literatura e cultura en xeral, teñen participado a través de distintos medios na programación de Ponte...nas Ondas: Uxía, Joao Afonso, Dulce Pontes, Manu Chao, Caetano Veloso, Chico César, Daniela Mercury, Milladoiro, Mercedes Peón, Treixadura, Gaiteiros de Lisboa, Filipa Pais, Fausto, X. Carlos Caneiro, Carlos Casares, Federico Mayor Zaragoza, Míchel Salgado, etc...
 
 ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DO PROFESORADO
Os máis de setenta profesores participantes en Ponte...nas Ondas reúnense periódicamente para o debate e preparación da xornada de radio e das actividades paralelas.
Esta experiencia está homologada pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia entrégase diploma correspondente.
 
 OUTRAS ACTIVIDADES
Ponte ...nas ondas é unha xornada de radio pero en paralelo coa experiencia lévanse a cabo outras actividades relacionadas co mundo do ensino, os medios de comunicación e os proxectos educativos da UNESCO.
 
 EXPOSICIÓN CONMEMORATIVA DA X EDICIÓN DE PONTE ...NAS ONDAS!
Con motivo do X aniversario, organizouse unha exposción itinerante con todos os contidos, programas, e colaboracións habidas ao longo destes 10 anos.
A exposición percorreu as cidades de Vigo, O Porriño, Vilanova de Cerveira, Ourense, Allaríz. En próximas datas expoñerase en Pontevedra e outras cidades.
 
 PRESENTACIÓN EN PARÍS DA CANDIDATURA DO PATRIMONIO INMATERIAL A UNESCO
As escolas participantes en Ponte...nas ondas presentaron en París a candidatura do noso Patrionio para que en xullo do ano 2005 sexa proclamado Obra Mestra do Patrimonio Inmaterial.
Máis información: www.opatrimonio.org
 
 VISITA DA ORQUESTRA GENTE QUE ENCANTA FORMADA POR ALUMNOS DO INSTITUTO BERADERO DE PARAIBA (BRASIL)
Os alumnos da orquestra Gente que encanta, viaxaron a Galicia desde Paraiba para participar na X edición de Ponte...nas Ondas. Actuaron en directo na xornada de radio e visitaron diversos Centros escolares nos que conviviron cos alumnos galegos e portugueses.