No mes de xullo, e no marco do programa GRUNTVIG "Grand Tresures" do que Ponte...nas ondas! forma parte, tres membros da nosa asociación participaron no 3º meeting que tivo lugar na illa de Sikinos nas Cícladas gregas.
Neste proxecto participan, representantes de Galicia, Portugal, Polonia, Grecia, Estonia e Letonia e nel trátase de definir, recoller e compartir experiencias en torno aos Tesouros Vivos das nosas respectivas comunidades e que acumulan a experiencia e o coñecemento que ten en si mesmo e na súa preservación un grande interese para a comunidade na que habitan.







Artículo en la sección sección Escola del periódicol Faro de Vigo
O grupo de traballo europeo GRUNDTVIG sobre os Tesouros Humanos Vivos visita a Eurorrexión para coñecer directamente aos Tesouros Humanos do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. Este equipo está formado por entidades de Polonia, Grecia, Letonia, Estonia, España e Portugal que traballan co patrimonio cultural inmaterial nos seus países.


